Venres 2 de outubro

16:30h. Inauguración das Xornadas

17:00h. "Las aportaciones de las mujeres a las tecnologías digitales"

Cecilia Castaño

Catedrática de Economía Aplicada e co-directora do Mestrado sobre Igualdade de Xénero na Perspectiva das Ciencias Sociais da Universidade Complutense de Madrid

"Las aportaciones de las mujeres a las tecnologías digitales"
Cecilia Castaño Collado é Catedrática de Economía Aplicada e co-directora do Mestrado sobre Igualdade de Xénero na Perspectiva das Ciencias Sociais da Universidade Complutense de Madrid. Visiting Research Fellow en Massachusetts Institute of Technology, Harvard University e University of California at Berkeley. Creadora e directora (2006-2012) do programa de investigación Género y TIC do Internet Interdisciplinary Institute (IN3) da Universitat Oberta de Catalunya. Experta en Xénero nos ámbitos das tecnoloxías da información (TIC) e da ciencia, a enxeñería e a tecnoloxía (SET). Os seus proxectos de investigación máis recentes son sobre igualdade de xénero no mundo da ciencia e a educación universitaria. Entre as súas obras máis recentes destacan Género, ciencia y tecnologías de la información (Editorial Aresta, 2014) e Las Mujeres en la Gran Recesión (2015)

18:30h. "Conversa con Jane McGonigal"

Jane McGonigal

Deseñadora de videoxogos e escritora

"Conversa con Jane McGonigal"
Jane McGonigal, PhD, is the Director of Game Research and Development for the Institute for the Future in Palo Alto, California. She believes game designers are on a humanitarian mission — and her #1 goal in life is to see a game developer win a Nobel Peace Prize. She is the author of two New York Times bestselling books: Reality is Broken: Why Games Make Us Better and How They Can Change the World and SuperBetter: The Power of Living Gamefully. You might know Jane from her TED talks on how games can make a better world and the game that can give you 10 extra years of life, which have more than 15 million views. She is also the inventor of SuperBetter, a game that has helped more than a million players recover from symptoms of depression, anxiety, chronic pain, and traumatic brain injury

Luns 5 de outubro

Inauguración exposición virtual. Mujeres e videoxogos. Pioneiras

Martes 6 de outubro

"El videojuego: una poderosa herramienta para cambiar la realidad"

Eurídice Cabañes

CEO ArsGames

""El videojuego: una poderosa herramienta para cambiar la realidad"
Co-directora de ARSGAMES, organización internacional con máis de 12 anos de experiencia centrada no videoxogo como ferramenta de transformación social. Doutora en Filosofía pola Universidade Autónoma de Madrid Cum Laude Mención Internacional coa tese titulada “La Tecnología en las fronteras".
É actualmente profesora no mestrado de Deseño Tecnopedagóxico (e-learning) na Universidade Isabel I de Castilla e de Ética da Tecnoloxía no CENTRO de Deseño, Cine e Televisión.
Conta con máis de 50 publicacións entre as que cabe destacar o libro “El aprendizaje en juego” y ten impartido máis de 100 conferencias en Asia, Europa, Australia, Norteamérica e Latinoamérica.
Foi fundadora e directora da Fábrica Digital El Rule (actual Laboratorio de Tecnoloxías) da Secretaría de Cultura da CDMX e colaboradora co Centro Multimedia do CENART, comisaria de exposicións entre as que destaca “Videojuegos: los dos lados de la pantalla” da Fundación Telefónica 2019 con máis de 100.000 visitantes.
Deseña videoxogos que experimentan coa interfaz como Audiogames, experimentais como Homozzaping, que formou parte de exposicións en Colombia, España e México e videoxogos independentes como Grotto, gañador do primeiro premio do Programa de Innovación do Desenvolvemento de Videoxogos en España (AEVI) e publicado como humble orixinal

Mércores 7 de outubro

"El equipo diverso, un valor añadido"

Susana Broullón

Artista Senior en King Barcelona

"El equipo diverso, un valor añadido"
Susana Broullón (Cangas do Morrazo, 1987) é artista Senior en King Barcelona. Iniciou a súa carreira como game artist en Gameloft, onde viviu de primeira man a expansión do mercado móbil en xogos, desenvolvendo arte conceptual para diferentes títulos onde destacan Despicable me:Minion Rush e a franquicia Asphalt. Actualmemte traballa en King, a empresa creadora de Candy Crush, onde participou en títulos como Bubble Witch 3. O crecente interese por crear xogos accesibles para todo tipo de público levouna a especializarse en UI e experiencia de usuario

Xoves 8 de outubro

"Un recorrido por los márgenes: la crítica desde la periferia del sector"​

Eva Cid

Crítica especializada en videoxogos

"Un recorrido por los márgenes: la crítica desde la periferia del sector"
Eva Cid (Almería, 1982) é autora o ensaio Portal o la ciencia del videojuego (2016, Héroes de Papel) e ten participado en diversas antoloxías de relatos. Desde hai aproximadamente unha década escribe crítica cultural especializada en videoxogos, publicando en diversos medios en papel e online. Tras esa montaña está la orilla (2020), publicada por Amor de Madre Editoras, é a súa primeira novela.

Venres 9 de outubro

13:00h. Conversatorio: "Talento galego na industria dos videoxogos"

Dhaunae De Vir

Business development en Paradox Interactive

Profesional polifacética cunha importante experiencia en entretemento e tecnoloxía. Produciu proxectos de éxito nas industrias cinematográfica e dos videoxogos, polos que obtivo diversos galardóns, entre eles un premio BAFTA New Talent. O seu primeiro proxecto profesional na industria dos xogos de rol  converteuse no segundo proxecto máis financiado en España en todas as industrias.
Dhaunae realiza unha importante tarefa na difusión dos videoxogos, desde os colexios ata as universidades. Tamén é consultora de eSports

Carla Bolaños

Mestrado en Deseño, Desenvolvemento e Comercialización de Videoxogos

UX designer en Digital Monster Collective. Graduada en Comunicación Audiovisual pola Universidade da Coruña e alumna do Mestrado en Deseño, Desenvolvemento e Comercialización de videoxogos